Este é o blogue de orientación educativa do IES de Mos. (Está en construción. Tede paciencia)
ABAU: Acceso á universidade 2017
Se es alumno/a de 2º de Bacharelato do IES de Mos, aconsellámoste que te descarges o CADERNO de orientación sobre o acceso á universidade e FP de Grao Superior. Tamén podes pedir unha copia na conserxería do centro (50 céntimos).
Nesta ligazón poderás consulta-la Resolución que regula o acceso á universidade para a convocatoria do 2017.
AQUÍ podedes atopar un pequeno resumo da Resolución anterior.