Mos Orienta
Este é o blogue de orientación educativa do IES de Mos. (Está en construción. Tede paciencia)
ABAU: Acceso á universidade 2017
Se es alumno/a de 2º de Bacharelato do IES de Mos, aconsellámoste que te descarges o CADERNO de orientación sobre o acceso á universidade e FP de Grao Superior. Tamén podes pedir unha copia na conserxería do centro (50 céntimos).
Nesta ligazón poderás consulta-la Resolución que regula o acceso á universidade para a convocatoria do 2017.
AQUÍ podedes atopar un pequeno resumo da Resolución anterior.
Grupo de Traballo: TDA-H e TEA (III)
Juan Cruz Ripoll é Orientador dun Centro dos Maristas en Pamplona. Ten publicados dous libros que poden ser útiles para traballar co alumnado con TDA-H:
- "Alumnos distraídos, inquietos e impulsivos", destinado para o alumnado de primaria pero seguramente algunhas estratexias se poidan adaptar á secundaria.
- "Estudiar y hacer la tarea" (para secundaria).
Existen algúns vídeos en YOUTUBE nos que se describen estas estratexias; por exemplo ESTE.
Novo acceso á Universidade
O mércores, 1 de febreiro de 2017, Mónica Diz, orientadora do IES A Sardiñeira de A Coruña publicou o seguinte post:
https://monicadizorienta.blogspot.com.es/2017/02/claves-de-la-nueva-prueba-de-acceso-la.html
Consultádeo, tendo en conta que a información recollida nel non é aínda oficial.
Un saúdo.
https://monicadizorienta.blogspot.com.es/2017/02/claves-de-la-nueva-prueba-de-acceso-la.html
Consultádeo, tendo en conta que a información recollida nel non é aínda oficial.
Un saúdo.
Charla para familias sobre a Universidade.
O luns día 30 de xaneiro de 2017 tivo lugar no salón de actos do
centro multiusos municipal, unha charla xeral sobre a Universidade, a
cargo de María Jesús Giráldez da Universidade de Santiago de Compostela.
A continuación podedes ver unha foto:
Gustaríame darlle as grazas a todas as nais e pais que asistiron.
Pablo Miranda (orientador do IES de Mos)
A continuación podedes ver unha foto:
Gustaríame darlle as grazas a todas as nais e pais que asistiron.
Pablo Miranda (orientador do IES de Mos)
25 de novembro. Día contra a Violencia de Xénero
Recursos para a sensibilización do alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL:
- Rosa Caramelo. Video-conto.
- Superlola, a superheroína que más mola. Video-conto.
- Artur e Clementina. Conto.
- Lalo, el príncipe rosa. Video-conto.
Recursos para a sensibilización do alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA:
- "La Cenicienta que no quería comer perdices". Conto ilustrado.
- "A princesiña que conducía unha locomotora" (Clara do Roxo´2013). Literatura.
Recursos para a sensibilización do alumnado de ESO e BACHARELATO:
- Mi novio me controla lo normal. Blog.
- Adolescentes sen violencia de xénero. Blog.
- O lente violeta. Blog.
- No máis violencia de xénero. Web.
- "La Cenicienta que no quería comer perdices". Conto ilustrado
- Coñeces a...? Mulleres importantes da historia.
- "El orden de las cosas". Esta curtametraxe (20 minutos) dirigida por José Esteban Alenda e o seu irmán César, fala de Julia e da súa vida pechada nunha bañeira de tristura e soños truncados, de violencia machista e silencios cómplices, do medo que paraliza ás mulleres maltratadas… Pero esta historia, sobre todo, falade esperanza e de valentía, dese valor que se reúne pinga a pinga para poder cambiar a orde das cousas e construír unha nova vida. Podedes acceder á web da curtametraxe na seguinte LIGAZÓN. Ademais, o Ministerio de Educación achega unha estupenda Guía didáctica para traballar co alumnado de 4º da ESO esta curta e outros aspectos relacionados, podedes consultala AQUÍ.
- "Se hai saída á violencia de xénero, é grazas a ti". Youtube.
- "A historia de Nadia (16 anos)". Youtube
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)